19.2.09

Quizais mañá...

Levo tanto tempo soñando os teus bicos que o día que sexan realidade só poderán decepcionarme.

Imaxínoche xalundes, cabo min, pronunciando paseniño tódalas palabras que nunca me dirás e os bos momentos que endexamáis viviremos xuntos. Dígomo acotío, son un iluso, un soñador, pero prefiro iso, esa perfecta historia que dibuxo na miña imaxinación cando levanto a fronte alonxándome de soporíferas liñas que versan sobre o meu amor ás palabras, esa perfecta historia que aparta a parva realidade coa que tropezo cada vez que xurde do meu interior a máis mínima vontade de achegarme a ti e dar comezo a outra páxina que pasar.

Hai un ano que decidín dexar atrás esas sensacións que fan de min tódolo contrario ao que quixera ser abofé, secasí, ao cabo sempre chegas tu a contraxeito, e por máis que procuro evitarche ou pasar a rentes das túas fermosas formas, só consigo esvarar arreo no negro chan dos teus ollos, isos que sempre escapan dos meus.

Hoxe amor, tras longos meses da túa doce presencia, quedo coa esperanza de atopar o intre perfecto no que teña a forza abonda para empezar a nosa pequena historia, esa que temos que escribir ti e eu, a mesma historia que se mestura con leccións de filoloxía nas tardes que rematan coa túa marcha, cando fico só e vexo que outra oportunidade pasou...

Quen sabe, quizais mañá...

16.2.09

Los Versos Grises

Cul corazón valeiru caleyu
pur requeixos yá vistos, nun hai destín,
las caras d'antias, las de siempres, sumienun
nel intre en qu'alcontronun outra más nueva qu'amirar.

Y bulle n'esta tiesta l'anoxu a l'apatía,
a tentar de clisar estos gueyos cunu que yá vienun
peru tamién sumienun las arrancadeiras pa faer camín
anguañu sólu y sonce, quixera afuxir d'esti fueyu
mas n'él alcuentru'l veiru que precisu y refugu.

Agora, eiquí, nu fondeiru
quixera desaniciar tol camín recorríu,
escoyer outru carreiru que me desameza
d'esta riestra de fechizos podres que desanician
tolu que nun sou nin sedréi

14.2.09

Xa rematei os exames!!

Uf, canto tempo sen escribir... 

A verdade é que xa non lembraba nin que tiña un blogue. Foron tantas as cousas que pasaron desde o último post, tantos feitos dos que podería falar que... prefiro non facelo. Un dos motivos polos que non tiven tempo para actualizar foron os exames, levo preparándoos desde setembro, estudando tódolo que puiden, e grazas a Deus... si, saliron ben! ;) (agás literatura muahaha).

Deica en adiante, con máis tempo libre e un pouco de inspiración... procurarei dar sinais de vida a miúdo (cantas veces fixen esa promesa?).

Saúdos á xente que segue pasando por equí!.

20.11.08

Xairu.info agora tamén en galego

Como iste curso unha das mías asinaturas é Lingua e Literatura Galega I, teño a intención de publicar alguns dos meus escritos en galego para practicar un pouco mais e non quedarme solo co que vexo nos apuntes, básicamente porque como aínda non teño moito xeito nesta fala, mentras escribo xúrdenme moitas dúbidas al respecto de palabras que non coñezo, e asina oblígome a busca-las no diccionario e afondar no meu vocabulario.

Se algún dos lectores diste blog é galego-falante ou ten un bo nivel nesta lingua... que non se curte á hora de pegarme un pescozón polos errores que poda cometer (imaxino que niste post xa habrá uns cantos... xD).

Saúdos ;)

10.10.08

14 versos suañaos

Asperu asoberviáu la escuridá
pur
  ver cumu s'amata el sol bermeyu
qu'enxuga llárimas cunas que mueyu
las fueyas nas qu'amuesu la verdá 

Palabras d'amor, de felicidá
cunas qu'alita un sentimientu vieyu
que tenta d'esconder el mieu deseyu
de veme afalagáu pula piedá 

Peru ye tarde, la campana suena,
las lletras nun ufiertan salvación
al que pur corazón tien una truena

y nagua pur romper esa cadena,
correr llibre, chumbase na visión
qu'imaxinóu tan lluenxe de la pena